Escoitar

O Concello convoca ás familias dos solicitantes das becas municipais do programa "Vigo en inglés"

O xoves 30 de marzo celebrarase unha xuntanza informativa no Auditorio Mar de Vigo para os familiares dos mozos e mozas solicitantes da beca para aprender inglés en Irlanda ou Reino Unido.

luns, 27 mar 2023
Arquivo: o alcalde na entrega de diplomas do "Vigo en Inglés 2022"
Arquivo: o alcalde na entrega de diplomas do "Vigo en Inglés 2022"

Vigo segue preparando o seu desembarco en Irlanda e Reino Unido cos solicitantes das becas do programa municipal “Vigo en Inglés” para a inmersión lingüística dos rapaces e rapazas que pasan de 3º a 4º da ESO.

O xoves 30 de marzo están convocados os pais e nais da mocidade a unha xuntanza informativa para coñecer os detalles do programa. Abel Caballero lembrou que o Concello beca ao estudantado nos gastos da viaxe, un curso intensivo de inglés, actividades de ocio, culturais e deportivas, aloxamento en pensión completa con familias de acollida e os gastos de transporte no caso que fora necesario.

O programa “Vigo en Inglés” comezará en setembro e ten unha duración de tres semanas.

Descargar todas as imaxes