Escoitar

Ata o 14 de abril pode solicitarse unha das 674 prazas de escolas infantís municipais

O período de solicitude para acceder ás escolas infantís comezou hoxe e rematará o 14 de abril. Os nove centros municipais son totalmente gratuítos e supoñen un investimento anual de 2 millóns de euros.

luns, 27 mar 2023

Desde hoxe luns e ata o próximo 14 de abril estará aberto o prazo para solicitar as escolas infantís municipais. Tal e como lembrou o alcalde, os servizos prestados son totalmente gratuítos, desde a atención educativa, o comedor ou o servizo de orientación, todo pagado integramente polo Concello.

Cun orzamento de 2 millóns de euros, as nove escolas infantís municipais ofertan 674 e poderán solicitar praza as familias con nenos e nenas empadronados en Vigo cunha idade mínima de tres meses.

As solicitudes de novo ingreso nestes centros poderán presentarse de forma telemática na sede electrónica municipal, achegando o formulario de solicitude que está na web vigo.org. Tamén pode facerse a solicitude de xeito presencial, Rexistro do Concello.

As listas provisionais de admisión publicaranse o 1 de xuño e a matrícula deberá formalizarse entre o 19 e o 28 de xuño.

Descargar todas as imaxes