Escoitar

Vigo financiou 9 proxectos de cooperación e axuda humanitaria no ano 2022

“Vigo quere seguir a ser unha cidade solidaria” dixo esta mañá o rexedor ao dar conta dos 80.000 euros que o Concello adicou a financiar proxectos de cooperación e axuda humanitaria en 2022. A Xunta de Goberno vén de aprobar as bases da convocatoria destas subvencións para 2023.

luns, 13 feb 2023
O rexedor na súa comparecencia ante os medios este luns
O rexedor na súa comparecencia ante os medios este luns

O Concello investiu 80.000 euros no ano 2022 en diferentes proxectos de cooperación e de axuda humanitaria. Concretamente, explicou o rexedor, foron cinco as ONG,s que recibiron fondos municipais: Fundación Proclade, para construír tanques de auga en Haití; Manos Unidas, para escolas de campo de agricultores en El Salvador; Asociación Aulas Abertas, mantemento de sete comedores escolares en Perú; Malembe Proxecto, iniciativas educativas no Congo e, por último, Fundación Marista, con proxectos educativos en El Salvador. Ademais, engadiu, o goberno local dedicou 20.000 euros a axuda humanitaria en Venezuela e Siria, a través de Acnur e Unicef, respectivamente.

O alcalde deu conta tamén da aprobación para 2023 das bases e convocatoria de subvencións a organizacións non gubernamentais para a realización de proxectos de cooperación. O importe é de 60.000 euros con acceso a través da libre concorrencia.

Descargar todas as imaxes