Caballero: “Hai un obstrucionismo claro por parte da Xunta para que non se aprobe o PXOM antes das eleccións”
O alcance criticou hoxe á Xunta por obstaculizar a tramitación do Plan Xeral de Vigo así como por negarse a financiar viais supramunicipais como o a ronda de Balsa-Baruxáns. Na súa opinión, o goberno autonómico nega en Vigo unha inversión de 85 millóns, cando adicou 101 millóns á terceira ronda de A Coruña, exemplificou.
O rexedor reiterou esta mañá que o PXOM aprobarase provisionalmente a mediados de ano, tal e como estaba previsto. En rolda de prensa, apuntou que o goberno local está comprometido coa revisión do documento para que a súa tramitación sexa áxil e rápida. Logo de sinalar que se trata dun plan libre de especulación que garante 15.000 vivendas protección, máis zonas verdes, máis e mellores dotacións públicas, ademais de fomentar unha cidade accesible e amable que protexe o entorno natural. Trátase dun plan que reforza as parroquias e facilite a implantación de actividade económica e emprego de calidade.
O alcalde referiuse aos prazos de obrigado cumprimento establecidos coa aprobación do Instrumento de Ordenación Provisional: envío da tramitación ambiental antes dun ano, aprobación inicial antes de 2 anos e aprobación provisional do novo PXOM. Tal e como detallou o rexedor, o Concello cumpriu con todos os obxectivos dado que enviou en tempo e forma a declaración ambiental así como cumpriu os prazos da aprobación inicial.
Respecto da aprobación provisional, Caballero advertiu de que a Xunta está a obstaculizar porque, citando un caso “singular”, o informe de Patrimonio tardou 9 meses en chegar e foi negativo. Na súa opinión, este informe foi asinado e “estivo gardado nun caixón 41 días” o que resulta “intolerable que non se enviara antes, cando o prazo legal é de tres meses. Afeou que a Xunta esperara q que a directora Xeral e a candidata do PP ofreceran unha rolda de prensa para anunciar que o informe sería negativo. “Hai un obstrucionismo claro por parte de la Xunta para que non se aprobe o PXOM antes das eleccións”.
Logo de garantir a aprobación do documento a pesar dos intentos da Xunta de obstaculizar, Caballero referiuse tamén ao informe da Axencia Galego de Infraestruturas, aludindo á candidata da PP cando aseguraba que a Xunta se opón á construción da actuación A-XVIA-14-PO-010. Ronda Balsa-Baruxáns. O que di o goberno galego nese informe é que non quere pagar esa infraestrutura e apunta alternativas como que a financie outra administración ou a cargo de desenvolvementos urbanísticos. Aclaro que en ningún caso aparece a opción de eliminar esta actuación xa que resulta imprescindible para garantir e mellorar a mobilidade entre a VG20, o polígono de Citroën, o hospital Álvaro Cunqueiro, a Universidade de Vigo, o Parque Tecnolóxico, a autovía A55 e a nova autovía en túnel a O Porriño.
O alcalde criticou a negativa da Xunta a pagar ese vial supramunicipal cando invisten 101,6 millóns na Terceira Rolda de A Coruña. Cualificou de “insólito” que non paguen o viario de Vigo, que ten un custo de 85 millóns, unha cantidade substancialmente menor da que asumiron en A Coruña.
No anterior Plan de 2008, a Xunta asumía 247 millóns de euros en materia viaria, cando en Galicia gobernaba Emilio Pérez Touriño, a responsable de Infraestruturas era a actual concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride. Nestes momentos, continuou, goberna o PP e o alcalde de Vigo é Abel Caballero e agora non quere asignar unha parte deses 247 millóns a financiar un viario supramunicipal co que o Concello se ofrece a cooperar. Terán que explicar á cidade porque non queren pagar o que lles corresponde, engadiu. Tamén se referiu ao túnel do Parrote de A Coruña, financiado tamén pola Xunta.
Grada de Marcador
En relación ás obras de remodelación da Grada de Marcador do Estadio Municipal de Balaídos, o alcalde informou da posta en funcionamento da mesma para a afección “previsiblemente o 12 de marzo” para o partido que disputarán o Celta de Vigo e o Rayo Vallecano.
Tal e como apuntou, o Concello facilitoulle ao Club a distribución dos asentos na grada para que faga a súa proposta de numeración que, tal e como sinalaron, seguirá o mesmo patrón de numeración que a antiga grada: partindo do eixo central, cos pares á dereita, cara Tribuna, e os asentos impares, á esquerda, cara Río. Con esta información, o Concello elevará ao Celta a proposta definitiva e, unha vez completado este proceso, acometerase a cubrición da bancada para proceder á súa numeración.
Caballero destacou tamén que a Grada de Marcador está financiada de xeito íntegro polo Concello e a Deputación, cun orzamento que supera os 18 millóns de euros.