Escoitar

Caballero amosa a súa satisfacción coa creación da Asociación Cultural Casablanca

A Asociación Cultural Casablanca proxecta un programa de actividades para os próximos meses que inclúe música, cine e teatro, entre outros, tal e como se avanzou esta mañá en rolda de prensa. O alcalde felicitou aos promotores dun colectivo que “xa é un activo na cidade”.

mércores, 19 out 2022

Abel Caballero participou esta mañá na presentación da Asociación Cultural Casablanca que comezou a súa andaina este verán para cooperar na dinamización do barrio homónimo do centro da cidade. Acompañado polo seu presidente, Alberto Cunha, e polo responsable da Asociación de Veciños de O Calvario, Raúl Fontán, o rexedor felicitou aos promotores dunha iniciativa “á que lle desexamos o mellor porque facía falta na zona”. Tal e como indicou, a idea é cooperar con outros colectivos veciñais o culturais como a asociación veciñal de O Calvario, con Andarela ou O Fiadeiro, todos eles implantados na zona.

Alberto Cunha foi o encargado de debullar un avance da programación dos próximos meses, que comezará en novembro coa presentación o día 10 do libro de Teresa Portas “Hannah Acendt en la teoría feminista”, en la librería Versus. En decembro están previstas actividades de fomento do Nadal, en colaboración co Concello; en xaneiro, haberá xornadas de teatro; en febreiro, será o momento do Entroido na praza de Fernando O Católico; en marzo, cine de culto con proxeccións de películas que están fora dos circuítos comerciais e finalmente en abril, chegará un certame de jazz ao Calvario.

 

Descargar todas as imaxes