Escoitar

Caballero celebra que o Náutico de Vigo sexa referente no campionato de Optimist

O Meeting Internacional Cidade de Vigo abrirá a Excellence Cup 22/23, que se celebrará entre o 29 de outubro e 1 de novembro na cidade

martes, 18 out 2022
Foto de familia da presentación do Meeting Internacional no Naútico de Vigo
Foto de familia da presentación do Meeting Internacional no Naútico de Vigo

Abel Caballero participou este martes na presentación do "Meeting Internacional Cidade de Vigo de Optimist" no que preto dun centenar de barcos xa confirmaron a súa presenza a dúas semanas do peche de inscricións. O certame, que "ten que ver co tempo no que vivimos no que o deporte se orienta na dirección da cultura de vida", sinalou o rexedor, encádrase na Semana do Atlántico que organiza o Real Club Náutico de Vigo.

José Antonio Portela, presidente da centenaria sociedade viguesa, acordou co Clube de Vela de Viana do Castelo que o evento regrese ás súas orixes. É dicir, primeiro desenvólvese o campionato de Optimist en Portugal (VIII Trofeu Cidade de Viana, 21 ao 23 de outubro) e, á semana seguinte (29 de outubro ao 1 de novembro), o meeting vigués. Con independencia dos gañadores particulares de ambos os certames, a suma das regatas de Viana do Castelo e Vigo dará dous campións de Optimist da Semana do Atlántico en función da idade.

Na presentación estivo presente tamén Sergio Fernandes, concelleiro de Deportes de Viana do Castelo, a quen Caballero agradeceu a presenza e referiu que o certame serve de "ponte entre dúas cidades que queremos unirnos a través da vela, o Náutico de Vigo e o Optimist".

Por vez primeira desde a internalización en 2014 da Semana en Optimist -cando o acordo entre os clubs náuticos de Vigo e de Viana-, en 2021 o peche da competición produciuse en Portugal e non en Galicia por unha cuestión do calendario luso. Agora, a competición volve ás súas orixes e todo se decidirá na ría viguesa.

O meeting vigués, un ano máis, pertence ao circuíto internacional de Optimist, aberto a regatistas estranxeiros. Nesta edición 22/23, Vigo volve abrir a serie de sedes, que pasan de catro a cinco. Tras Vigo, Palma (decembro), Cádiz e Torrevieja (xaneiro) e Palamós (febreiro).

Trece sociedades do país, cos principais reais clubs náuticos de España (Vigo, Valencia, San Sebastián, Palma, Gran Canaria ou Tenerife, só por citar algúns), aseguraron a participación dos seus mellores regatistas de Optimist. De feito, ata dez regatistas que defenderon a España no Europeo individual, no Campionato de Europa de seleccións ou no Mundial de Turquía navegarán na ría. Tamén haberá dous clubs náuticos de Finlandia, tal é a expectación da Excellence este ano. E falta por estampar a súa firma toda a frota galega, sempre importante, e a de Portugal, ademais de esperarse máis regatistas estranxeiros, moitos dos cales fan tanto o trofeo luso como o vigués, para concentrar na ría a uns 250-300 regatistas.

Descargar todas as imaxes