A Xunta de Goberno aproba a proposta para subvencionar os billetes de Vitrasa
Remitiráselle a solicitude desta axuda directa o Ministerio de Transportes para que os billetes teñan unha rebaixa do 30%.
Na Xunta de Goberno Local que se realizou no día de onte, o Concello de Vigo aprobou a proposta de solicitude para o Ministerio de Transporte, sobre as axudas directas o transporte urbano e interurbano que anunciou o executivo estatal. Como sinalou Abel Caballero “entre o Concello de Vigo e o Goberno de España realizarase unha baixada moi importante para os usuarios”.
Con esta rebaixa do 30%, as tarifas modifícanse do seguinte modo: o billete normal pasa de 0,89 a 0,62 euros; no billete de estudantes rebaixase de 0,86 a 0,60 euros; para o universitario pasa de 0,67 a 0,47 euros e no billete social redúcese de 0,69 a 0,48 euros. No caso dos pensionistas continúan viaxando de balde.