Escoitar

O goberno municipal aproba a lista definitiva de alumnado do programa “Vigo en inglés”

O alcalde valora que “non hai lista de espera” para gozar dunha bolsa do programa municipal de inmersión lingüística co que case 2.400 estudantes pasarán tres semanas de estadía no Reino Unido ou Irlanda para aprender inglés.

venres, 17 xuñ 2022
Abel Caballero durante unha reunión informativa celebrada o pasado 9 de maio no Auditorio Mar de Vigo
Abel Caballero durante unha reunión informativa celebrada o pasado 9 de maio no Auditorio Mar de Vigo

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as listas definitivas dos participantes no programa "Vigo en Inglés” dos anos 2021 e 2022, estando xa aprobada a listaxe de alumnado do ano 2020. Abel Caballero referiuse aos case 2.400 alumnos e alumnas que viaxarán este verán como a “Armada invencible” viguesa, que chegará ao Reino Unido para aprender o idioma e puxo en valor o feito de que “non hai listas de espera”, xa que obtiveron praza tódolos estudantes que a solicitaron e cumprían os requisitos da convocatoria.

En canto á organización das viaxes, os 801 bolseiros da edición 2022 viaxarán previsiblemente na primeira quincena do mes de outubro. O goberno municipal ofreceralles toda a información na reunión coas familias que terá lugar o vindeiro luns 27 de xuño ás 19,30 horas no Auditorio Mar de Vigo.

O alumnado da edición 2021, que suma 814 beneficiarios, viaxará previsiblemente a mediados de setembro. O próximo luns 20 de xuño ás 19:30 horas están convocados á reunión informativa e os 767 estudantes da edición 2020 viaxarán a partir do 1 de xullo.

 

Descargar todas as imaxes