Caballero reclama á Xunta o servizo de gardas de 24 horas nos xulgados de Vigo
O alcalde de Vigo sumou esta mañá a súa voz á das instancias xudiciais que solicitan que a Xunta implante as gardas 24 horas no partido xudicial de Vigo. Criticou a negativa do goberno autonómico a implementar unha medida que xa conta co apoio económico do Goberno de España.
En declaracións aos medios, lembrou que o TSXG volveu pedirlle á Xunta que destine á maior brevidade destine o orzamento preciso para implementar o servizo de gardas 24 horas nos partidos xudiciais de Vigo e a Coruña. Caballero criticou a negativa da Xunta a poñer en marcha unha demanda que ten tamén o aval do Consello Xeral do Poder Xudicial, dos servizos de Xustiza locais e que incluso conta coa dotación económica que consigna o Goberno de España para tal efecto.
Este sistema permitiría facer fronte ao traballo con maior axilidade lo que redundaría na mellora do servizo público de Xustiza en favor dos cidadáns e facilitaría a conciliación familiar dos traballadores.