Escoitar

O alcalde eloxia o talento vigués na tradución de videoxogos

Abel Caballero participou este venres na entrega dos I Premios ETIV-Uvigo á localización de videoxogos, organizado ao abeiro do título propio da Universidade de “Especialista en tradución para a industria do videoxogo”, que reuniu no Edificio das Redeiras do Berbés a alumnado, profesorado e persoal do sector, nun acto no que estivo tamén o reitor Manuel Reigosa e no que o alcalde puxo en valor a aposta e o talento vigués nestes novos ámbitos profesionais.

venres, 6 mai 2022
Descargar todas as imaxes