Escoitar

O Concello fixo case 7.000 chamadas en decembro a 728 usuarias da teleasistencia

Abel Caballero fixo balance deste servizo municipal que atende principalmente a señoras maiores que viven soas, 6.929 chamadas para recordarlles a medicación, por algunha emerxencia ou felicitacións polo aniversario. O alcalde trasladou ademais que se repartiron 170 cenas de Nadal nos domicilios.

luns, 10 xan 2022
Abel Caballero, este luns en rolda de prensa.
Abel Caballero, este luns en rolda de prensa.

“Temos a política social máis avanzada de todos os concellos de España”, asegurou Caballero este luns, data na que trasladou un resumo da actividade do servizo municipal de teleasistencia correspondente ao último mes do ano.

Se realizaron case 7.000 chamadas no mes de decembro ás 728 persoas usuarias. Explicou o rexedor que o teléfono se activo en casos de emerxencia sanitaria, pero tamén social, como un accidente doméstico ou unha crise de soidade. Tamén se programan axendas periódicas de chamadas, para recordarlles a toma da medicación pautada, facer un seguimento durante un ingreso hospitalario ou felicitarlles o seu aniversario.

“Queremos darlle a dimensión de humanidade á nosa atención a toda a xente maior da cidade de Vigo”, explicou Caballero. A este respecto, o alcalde informou que o Concello entregou a domicilio 170 cenas de Nadal a persoas que pasaron soas estas festas, un menú especial “a señoras maiores que viven na soidade máis absoluta, que non celebran nin o Nadal, nin o Ano Vello nin Reis”. Se trata de “mostrar a dimensión humana e entender que se unha señora está soa na súa casa ten que celebrar tamén o Nadal, igual que fixemos o resto de cidadáns”, manifestou.

Descargar todas as imaxes