Escoitar

O fin do alumeado de Nadal será o 16 de xaneiro

Abel Caballero anunciou en rolda de prensa que será unha semana máis tarde do previsto inicialmente ante as cartas recibidas por moita xente que aínda quere vir a visitar as luces de Nadal.

martes, 4 xan 2022
Abel Caballero e varios edís na presentación da conta atrás do alumeado de Nadal
Abel Caballero e varios edís na presentación da conta atrás do alumeado de Nadal

O fin do Nadal en Vigo xa ten data: o domingo 16 de xaneiro. Así anunciouno o alcalde que tamén afirmou que os datos de visitantes nestas datas “son espectaculares”, aínda que esperará a telos completos para facer un balance e comparalos co ano 2019.

Precisamente, debido “á demanda” Abel Caballero decidiu pospoñer o fin do alumeado ao día 16 en lugar do 9 de xaneiro: “Recibín moitas cartas de persoas que só poden vir estes próximos días. Falei coa hostalería e hoteis e tomei esta decisión”, dixo Caballero.

O alcalde chanceou na rolda de prensa y dixo que “a Estación Espacial Internacional terá que continuar unha semana máis sobre Vigo retransmitindo para todo o planeta”.

Descargar todas as imaxes