Escoitar

O goberno de Vigo concedeu onte martes 33 axudas para pagos de vivenda

Dezaoito corresponden a abonos de alugueiro e outras quince, pagos de aloxamento a quen o precisa. “Isto significa que haberá dezaoito desafiuzamentos que estamos evitando só coas axudas de onte”, valorou Caballero este mércores. O Concello concedeu case 16.000 apoios de emerxencia que beneficiaron a case 47.000 persoas.

mércores, 24 nov 2021
Abel Caballero, este mércores en rolda de prensa.
Abel Caballero, este mércores en rolda de prensa.

A comisión de axudas de emerxencia que celebrou onte martes o Concello de Vigo acordou entregar un total de setenta e unha novas axudas á persoas que o precisan para os seus pagos básicos, como por exemplo enerxía, alimentación ou vivenda. Este mércores, o alcalde subliñou precisamente estas últimas, trinta e tres pagos de vivenda que se dividen en quince para abonar aloxamentos e outros dezaoito para alugueiros.

Por outra banda, e tamén en materia social, Abel Caballero informou que o albergue do Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social (CIIES) emprazado en Marqués de Valterra conta actualmente con dúas vacantes, unha de home e outra para muller. Por outra banda, o Concello vén realizando sete intervencións da unidade de rúa a outras tantas persoas sen teito, ás que se lles ofrece bebida quente e se lles informa dos servizos que ofrece o CIIES: pernocta, comedor e hixiene.

Descargar todas as imaxes