Escoitar

Acordo dos voceiros municipais sobre a remodelación de Balaídos

A Xunta de Voceiros, reuniuse ante a situación de inquietude producida na cidade respecto ás iniciativas tendentes á remodelación do estadio municipal de Balaídos e do seu contorno.

luns, 30 xuñ 2003
A Xunta está composta polo alcalde do Concello de Vigo, Ventura Pérez Mariño, polas voceiras do Partido Popular e do PsdeG-PSOE, Corina Porro e Mª Xosé Porteiro, polos voceiros do BNG e do PROVI, Lois Pérez Castrillo e Manuel Soto.

A Xunta de Voceiros acorda manifestar o seguinte:

"PRIMEIRO.- Que nunca amparará proxecto ningún que perxudique ou poida poñer en risco o futuro da factoría do grupo PSA-Citroën sita na Zona Franca.

SEGUNDO.- Sen prexuízo do anterior, a Xunta de Voceiros, a través dos mecanismos pertinentes, solicita os informes adecuados para dar, no seu caso, as solucións oportunas ó Estadio Municipal de Balaídos no mellor ánimo de buscar medidas axeitadas tendo en conta o que representa o Real Club Celta de Vigo na nosa cidade".