Escoitar

O Concello licita a primeira fase da humanización da rúa Romil por 1,2 millóns

O alcalde anunciou esta mañá a licitación da primeira fase da humanización da rúa Romil por un importe de 1,2 millóns de euros. A actuación contempla a renovación de pavimentación e canalizacións e vaise prolongar 5 meses.

venres, 15 out 2021
Foto de arquivo da inaguración do pavillón de Romil.
Foto de arquivo da inaguración do pavillón de Romil.

A Xunta de Goberno deu luz verde á licitación das obras de humanización da rúa Romil, entre o cruce de Feliciano Roldán e a rúa Ourense. O proxecto prevé a renovación de pavimentos e redes de subministro, así como a instalación de novas luminarias, xardineiras e mobiliario. Segundo detallou o alcalde, quen lembrou o pavillón aberto recentemente na zona, o custo desta primeira fase é de 1,2 millóns e o prazo de execución é de cinco meses.

Proxectos comercio

O alcalde deu conta da participación do Concello nas liñas de axuda do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para fortalecer a actividade comercial en zonas turísticas no marco da recuperación, transformación e resilencia. Tal e como explicou o importe solicitado, 746.000 euros, permitirán implementar actuacións como a sinalización do itinerario turístico-comercial Bouzas-Teis; unha rede de marquesiña dixitais interactivas e accesibles; unha plataforma de comercio electrónico para comercio minorista ou servizos de asesoramento a comercio local para a creación de tendas virtuais. Trátase, dixo, de “seguir impulsando o pequeno e mediano comercio tan importante na cidade”.

 

Descargar todas as imaxes