Escoitar

Abel Caballero tras a xuntanza co ministro de Cultura: "Estamos na tramitación. Haberá Biblioteca do Estado en Vigo"

O alcalde salientou a importancia desta obra que ocupará os terreos dos xulgados da rúa Lalín. Caballero valorou positivamente a xuntanza co ministro de Cultura, Miquel Iceta, na que amosou "plena confianza" en que a cidade terá Biblioteca do Estado e apuntou que "comprobarémolo nos Orzamentos Xerais do Estado do ano 2022". O rexedor sinalou que "xa estamos na tramitación" e augurou que "aproximadamente en setembro do ano que vén aprobarase o proxecto e comezará a obra".

luns, 11 out 2021
Abel Caballero e o ministro de Cultura, Miquel Iceta, nunha xuntanza en Madrid para abordar asuntos da cidade.
Abel Caballero e o ministro de Cultura, Miquel Iceta, nunha xuntanza en Madrid para abordar asuntos da cidade.
Descargar todas as imaxes