O Concello recibe outro premio polas ramplas da Gran Vía e o carril bici na Semana Europea da Mobilidade Sostible
A cidade vén de recibir un novo premio polas Ramplas da Gran Vía e polo carril bici, dentro dos Premios Semana Europea da Mobilidade Sostible 2020-2021. O alcalde celebrou este recoñecemento porque consolida Vigo como unha cidade referente en novas tecnoloxías, dixitalización e respecto ao medio ambiente.
O Ministerio de Transición Ecolóxica vén de premiar as ramplas da Gran Vía e o carril bici dentro Semana Europea da Mobilidade Sostible 2020-2021. Tal e como valorou o rexedor, trátase dun recoñecemento á unha forma de mobilidade completamente nova, que consolida Vigo como un referente en novas tecnoloxías, dixitalización e respecto ao medio ambiente.
O edil de Vías e Obras, Javier Pardo, recolleu de xeito telemático un galardón por unhas actuacións que foron consideradas experiencias xeitosas na xornada “Pola túa saúde, móvete de forma sostible” na que abordáronse distintos temas en materia de mobilidade.
Proxectos
O carril bici, con 6 millóns de euros de inversión, conta un tramo de 10 km de lonxitude, recorrendo toda a cidade de extremo a extremo, paralelamente á costa. Ten unha excelente integración na malla urbana da cidade, atendendo a súa orografía.
Respecto das ramplas da Gran Vía, cun investimento de 5,2 millóns, facilitan a mobilidade peonil nun contorno urbano con gran pendente, salvando un desnivel de 50 metros.