O Concello proxecta Churruca como “Barrio das Artes” cunha nova intervención artística
Abel Caballero e Carmela Silva presentaron en rolda de prensa, xunto as representantes da Asociación de Hostalería de Churruca, as actuacións para por en valor como “Barrio das Artes” a zona a través da arte urbana como expresión artística.
O Concello actuará nos espazos que conforman a rúa Churruca e o seu entorno para a súa posta en valor e percepción como “Barrio das Artes” a través da arte urbana como expresión artística.
Así confirmouno o alcalde nunha rolda de prensa na que presentou as intervencións que levaranse a cabo no céntrico barrio. Deste xeito, actuarase sobre 39 farois, 7 na Praza Portugal, 7 na rúa Churruca, 20 en Cervantes e 5 en Uruguay. Tamén nas 4 xardineiras da rúa Martín Códax, en 7 papeleiras entre as rúas Churruca e Irmandiños, nas estruturas cilíndricas da Praza de Portugal e no solo do cruce entre as rúas Irmandiños e Martín Códax.
Abel Caballero sinalou que Churruca “será unha confluencia de diferentes culturas, que conta cunha hostalería de moitísima calidade que combina moi ben coa dimensión artística. O carácter de Churruca é a hostalería e a música.”
O rexedor puxo de manifesto a actitude da Asociación de Hostalería de Churruca a cal cualificou de “cooperadora activa na rexeneración da zona onda fan os seus negocios e moven a cultura.”