O goberno local aproba o proxecto das ramplas de Gran Vía ata a Praza de España
Abel Caballero deu conta esta mañá da aprobación do proxecto que permitirá estender as ramplas mecánicas da Gran Vía ata case a Praza de España. Cun orzamento de 4,3 millóns de euros, está previsto colocar outras dúas cintas mecánicas, unha desde Venezuela ata Bolivia e unha segunda, ata Nicaragua.
A Xunta de Goberno local deu luz verde á continuación do proxecto de rehabilitación e transformación do contorno de Gran Vía o que permitirá dar continuidade ás ramplas mecánicas case ata a Praza de España. Cun orzamento de 4,3 millóns, actuarase en 150 metros lineais instalando dúas novas cintas. Unha, desde Venezuela ata Bolivia e unha segunda que descorrerá ata Nicaragua. Tal e como explicou o rexedor, o Concello solicitará fondos europeos para financiar unha iniciativa na que xa se investiron 5,5 millóns nos primeiros tramos da infraestrutura.
O alcalde lamentou que o bloqueo da Xunta impedira ao Concello acometer toda a obra ao mesmo tempo e lamentou volver ter que causar molestias aos cidadáns. A este respecto, pediu responsabilidades ao goberno autonómico e instoulle aos seus responsables a pedir perdón á cidadanía viguesa.