Escoitar

O MARCO expón "A mirada acesa" do artista vigués Din Matamoro

Abel Caballero sinala a obra do artista como "unha das máis extraordinarias que houbo no museo".

venres, 4 xuñ 2021
Momento da presentación esta mána no MARCO
Momento da presentación esta mána no MARCO

A mostra do artista vigués Din Matamoro (Vigo, 1958), reúne unha selección da súa obra dos últimos anos, centrada no estudo da cor, acompañada doutras pezas de épocas anteriores que, como todo o traballo deste artista, implica un ensaio sobre a percepción, os seus mecanismos e emocións.

O MARCO acolle por primeria vez unha exposición de Matamoro, que poderase visitar ata o 7 de novembro na sala de exposición do primeiro andar. Ademáis das visitas guiadas, o novo sistema de rutas interactivas da App Vigo permite os visitantes acceder a todo tipo de contido sobre a exposición.

O alcalde salientou na inauguración da mostra que o MARCO "é un gran museo, está vivo e vive coa cidade, co entorno e cos grandes artistas e exposiciones que lle dan personalidade e carácter. É unha crónica dun éxito anunciado".

Os comisarios da exposición, Miguel Fernández-Cid e Pilar Souto Soto, definen os cadros de Matamoro como "unha pintura atemporal contemporánea, que marcou épocas e novos modos de mirala e entendenla. Pintura de tacto, de equilibrio, pero tamén de aparición, de desvelamento; pintura para pasear por ela, para conversar. Pintura viva".

Din Matamoro naceu en Vigo (1958), é licenciado en Belas Artes, en pintura e gravado calcográfico pola Universidade Complutense de Madrid.

 

 

Descargar todas as imaxes