Escoitar

A FEMP participa na constitución da Conferencia Sectorial do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Abel Caballero ofrecerá “a eficacia dos Concellos de España, somos unha garantía” durante a reunión que se celebra este xoves ás 17 horas e que presidirá a Ministra de Facenda, María Jesús Montero.

xoves, 21 xan 2021

Caballero cualificou o encontro como “moi importante”, poñendo en valor a presenza e participación da FEMP na mesma, “xunto ás Comunidades Autónomas, en igualdade de condicións”.

No transcurso da Conferencia, o presidente da FEMP avanzou que falará dos Fondos Europeos, “da repartición de 27.000 millóns de euros, e do investimento dunha parte substancial deles nas Entidades Locais”. Nese contexto, Abel Caballero destacou, “expoñerei o importante papel dos Gobernos Locais, porque somos os que garantimos a eficacia, a eficiencia, a boa xestión e a creación de emprego. Quen pode garantir todo iso son as Entidades Locais, son os Concellos”. Así o resaltou Caballero que salientou que “vou ofrecer a eficacia dos Concellos de España”.

Na reunión, tras a constitución da Conferencia Sectorial do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, aprobarase o regulamento de funcionamento interno da mesma e expoñerase o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.