Caballero agradece o avance en dereitos que supón o Festival de Cine Inclusivo
Entre o 13 e o 17 de outubro, a quinta edición do Festival de Cine Inclusivo proxectará 28 pezas audiovisuais no Auditorio Municipal e no cine Salesianos. Para o alcalde de Vigo, esta iniciativa supón un paso moi importante no avance dos dereitos e da igualdade polo que “agradece e recoñece” o seu traballo aos promotores, así como aos patrocinadores privados.
O alcalde de Vigo participou esta mañá na presentación da V edición do Festival de Cine Inclusivo de Vigo que arrancará no Auditorio Municipal o próximo 13 de outubro. Na súa intervención, subliñou que o cinema vai máis alá do ocio, “é unha parte importante da nosa cultura que foi influenciando e marcando a nosa vida”. Logo de “agradecer e recoñecer” a promotores e patrocinadores privados o seu traballo, lembrou a importancia de manter os protocolos Covid, segundo prevé a organización do certame.
De feito e tal e como se explicou na presentación, esta edición do festival está adicada aos sanitarios e, por este motivo, na selección dos traballos presentados a concurso deuse maior puntuación a aqueles que axuden a coñecer e valorar este traballo.
No acto inaugural, proxectarase, fora do concurso, De chaque instant, a última obra de Nicolas Philibert. Este documentalista francés está considerado uno dos mellores de Europa e do mundo e, tras estar ingresado no hospital e quedar asombrado coa dedicación dos sanitarios que o atenderon filmou este traballo que fala da vocación dos enfermeiros.
As proxeccións que entran a concurso divídense nas seguintes categorías: sección Documentales: VIG-IN-DOC; sección longametraxes ficción: SECCIÓN INCLUSIVE; sección curtametraxes documentais: SECCIÓN SHORT-IN DOC; sección curtametraxes ficción audioescritos e subtitulados (todas as pezas desta sección son accesibles a través da aplicación gratuita da App AudescMobile de la ONCE, que permite acceder á audiodescripción); e, por último, concurso online de webseries. Trátase dunha das novidades deste ano no que concursarán cinco webseries (que falan sobre inclusión). Xa se poden ver e votar online a través da web do festival: https://www.festivalcinevigo.es/webseries/.