O goberno de Vigo prolongará a humanización da Hispanidade ata a glorieta de Pintor Colmeiro
Xa humanizada desde a Gran Vía ata Zamora, o Concello de Vigo estenderá a remodelación da Avenida da Hispanidade ata o cruce con Pintor Colmeiro, segundo indicou este venres Abel Caballero. O proxecto aprobado presenta un importe de 771.000 euros e un prazo estimado de catro meses de obras.
O goberno de Vigo aprobou a pasada semana o proxecto de humanización dun novo tramo da Avenida da Hispanidade. Logo de ter xa reformado o treito que vai da Gran Vía ata a rúa Zamora, o Concello prolongará agora a remodelación ata a glorieta de Pintor Colmeiro.
Segundo explicou, o proxecto ratificado recolle o transplantado do arborado existente -que provoca problemas á veciñanza polo seu tamaño- e a plantación de novos exemplares na vía. Ademais, beirarrúas de granito de tres metros de ancho, mantemento dous dous carrís de circulación e unha fila de aparcamento, en liña.
O Concello dirixido por Caballero renovará as redes soterradas de abastecemento e saneamento, creará canalizacións separadas para as augas pluviais, e cambiará o sistema de alumeado por outro de eficiencia enerxética. Se prevé incorporar o rego automático, alcorques, xardineiras e novo mobiliario urbano, como bancos e papeleiras. Os pasos de peóns estarán adaptados á normativa de accesibilidade, precisou o rexedor.
A remodelación deste segundo tramo da Avenida de Hispanidade presenta un orzamento de 771.000 euros e un prazo de execución das obras estimado en catro meses.