O Concello segue a desenvolver o plan de asfaltados dotado con 1,6 millóns
O Goberno local prosegue coas obras públicas, entre as que se atopa o programa de asfaltados por toda a cidade que conta cun orzamento de 1,6 millóns. Segundo avanzou o rexedor, o próximo luns 27 de abril empezarán os traballos en Sanjurjo Badía.
O Concello prosegue a desenvolver o plan de asfaltados por toda a cidade que conta cun orzamento de 1,6 millóns e entre os que atopan traballos na rúa Simón Bolívar -en marcha nestes momentos- ou en Sanjurjo Badía, que comezarán o próximo luns 27 de abril. Continuando coa obra pública e a mellora da cidade, o Concello tamén procederá durante as próximas semanas ao pintado de oito cruces de carril bici, nun momento no que a bicicleta pode ser un medio de transporte moi seguro polo illamento social que permite.
Jacinto Benavente
Na rolda de prensa virtual, o alcalde avanzou así mesmo que o 4 de maio comezará a obra de saneamento da rúa Jacinto Benavente, cunha inversión de máis de 300.000 euros e un prazo de execución de tres meses. Os traballos empezarán pola conexión no pozo de rexistro de Beiramar e, a continuación, avanzará cara a rúa Instituto Oceanográfico.
Está previsto que a fase máis complexa sexa a do principio, ao chegar á mediana de Beiramar, a case 4 metros de profundidade. Durante catro días, será preciso desviar o tráfico en sentido Areal e achicar o ancho dos carrís en dirección Samil. Cando os traballos chegen á beirarrúa do lado terra de Beiramar, será posible abrir ao tráfico e só haberá que xestionar a circulación de Jacinto Benavente e Oceanográfico.
Estes serán os cortes de tráfico durante 4 días:
-Beiramar: os dous carrís do lado da terra desviando por Jacinto Benavente
-Beiramar: un carril do lado do mar (o xoves ou o venres xa se poderá circular con normalidade por Beiramar)
Desvíos:
-Rúa perpendicular a Beiramar e a Jacinto Benavente deixando paso á estación de servizo. Despois os traballos continuarán polo eixo de Jacinto Benavente ata Juan Ramón Jiménez polo que haberá que cortar o tráfico de Jacinto Benavente en sentido rúa Coruña.
Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto para a renovación da tubaxe de abastecemento na avenida das Camelias, entre a avenida Hispanidade e a Praza do Bicentenario. Cun orzamento de case 200.000 euros, substituiranse 300 metros de tubaxe de fibrocemento por fundición, cun diámetro de 300 metros.