O goberno local achega 80.000 euros á Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos
A Xunta de Goberno dará luz verde a unha subvención de case 47.000 euros que a entidade adique ao fomento do emprego. En total son preto de 80.000 euros o importe das achegas que o Concello adica a esta asociación que loita conta os malos tratos.
O Concello achega á Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos un total de 80.000 euros, dos que case 47.000 son para o fomento do emprego, tal e como se aprobará na Xunta de Goberno de mañá xoves. Na habitual rolda de prensa telemática, o rexedor valorou este apoio ao económico a unha entidade que fai un “extraordinario traballo” e que, ademais, utiliza locais municipais.
Caballero destacou que o Concello está a intensificar as súas medidas de loita contra a violencia machista nestes difíciles momentos, coa habilitación de habitacións en distintos hoteis da cidade ás que se traslada a mulleres que o precisan, soas ou acompañadas de fillos, se os tiveran. Explicou que xa se están atendendo nestas circunstancias a 5 persoas e aclarou que se incrementarán se fora preciso. Animou a todas as vítimas ou persoas que coñezan algún caso de violencia machista a recorrer ao teléfono de emerxencia que figura na páxina web municipal (que está operativo 24 horas todos os días) ou a facelo a través do 010.
Obras
A Xunta de Goberno tamén aprobará o proxecto de renovación de redes de abastecemento na rúa Filipinas, por un importe superior aos 60.000 euros.