Escoitar

O Concello desinfecta cada día 500 contedores e 1000 papeleiras

O alcalde apunta que a rúa é un espazo público onde “queremos manter a hixiene especialmente coidada”. O operativo de limpeza e desinfección municipal conta con 14 equipos en quendas de mañá, tarde e noite abranguendo toda a cidade.

mércores, 1 abr 2020

 

O goberno municipal continúa co operativo reforzado e extenso de desinfección en toda a cidade con 14 equipos de traballo en quendas de mañá, tarde e noite. O rexedor lembrou este mércores que a rúa é un espazo público e “queremos manter a hixiene especialmente coidada”.

Así, detallou que os equipos de limpeza lavan cada día 800 contedores do lixo, con 3 camións lavacontedores en quenda de mañá e 5 en quenda de noite, e desinfectan a diario 500 contedores con 2 furgonetas dotadas de hidrolimpadoras pola mañá e 2 pola noite. No caso das papeleiras, o operativo desinfecta cada día 1000 unidades con 2 furgonetas en quenda de día e 5 en quenda nocturna.

O rexedor apuntou que o operativo especial desinfecta a diario o pavillón do Berbés, CEDRO, o albergue municipal e os cemiterios de Pereiró, Teis e Lavadores, entre outras dependencias. Amais, os bombeiros desinfectan cada día a contorna dos centros de saúde e dos centros hospitalarios da cidade. Nas parroquia, o goberno municipal desinfecta diariamente a zona máis céntrica e os tramos de beirarrúa que están diante dos establecementos abertos ao público, incluíndo consultas médicas, veterinarias, farmacias, tendas…