Caballero valora o novo carril bici no Porto de Vigo e reclama o proxecto do túnel en Beiramar
O alcalde de Vigo valorou este luns o proxecto para construír un novo carril bici na fronte marítima da cidade pero lembrou que a administración autonómica aínda ten pendente levar a cabo o túnel ao longo da avenida de Beiramar. "Carril bici si, pero túnel tamén", sinalou.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostrou este luns a súa satisfacción polo novo carril bici desde a Praza da Estrela ata a Praza da Conserva que construiría a Autoridade Portuaria, pero reclamou que a Xunta de Galicia constrúa o túnel de Beiramar proxectado hai quince anos para recuperar os terreos da avenida para uso cidadá.
"Quero carrís bici, agradezo ao Porto o esforzo, pero o paseo de Beiramar ten que ser peonil e a Xunta anunciou este proxecto durante as últimas tres campañas electorais", sinalou o rexedor durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.
O alcalde facía así referencia á publicación no DOG de febreiro de 2009 do proxecto para construír un subterráneo na fronte marítima que vai desde o Berbés ata a rúa Coruña e destacou que non houbo avances desde entón. "Quero todo Beiramar peonil, agora só falan do carril bici, pero tamén queremos túnel", engadiu.
Caballero destacou que o proxecto conectaría cos actuais túneles que xa existen na cidade, de forma que o Beiramar quedaría peonil e o tráfico circularía baixo terra. Tamén fixo mención ao Plan Nouvel que non chegou a desenrolarse.
Descargar todas as imaxes