Concello e Deputación inauguran a "excepcional" humanización da provincial, que inclúe un circuíto de "crosstraining"
Emilia Pardo Bazán xa loce a súa nova cara logo da remodelación promovida polos gobernos dirixidos por Abel Caballero e Carmela Silva, tras un investimento de 2,3 millóns. A reforma inclúe melloras nas prazas que comunican coa Avenida de Madrid, un circuíto de crosstraining e un panel con referencias históricas da escritora.
O alcalde, Abel Caballero, e a presidenta provincial e primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, presidiron este martes o acto de inauguración da humanización da rúa Emilia Pardo Bazán, popularmente coñecida como estrada provincial, logo dun investimento conxunto de 2,3 millóns, dos que 1,8 correron a cargo da Deputación e outro medio millóns, do Concello.
Ambos mandatarios cualificaron de "excepcional" a reforma acometida e amplamente demandada pola cidade e a veciñanza da zona, que só se converteu en realidade coa chegada de Silva á presidencia provincial. O alcalde denunciou o "caso omiso" que o anterior presidente, Rafael Louzán, fixo ás peticións de Vigo durante oito anos.
Finalmente realizada, a obra supuxo a ampliación das beirarrúas, que agora son de granito, e a renovación das canalizacións de abastecemento, saneamento e augas pluviais, ademais de incluír nova sinalización e rede semafórica, alumeado LED, bancos, papeleiras e arborado e superficies axardinadas.
No proxecto destacan os novos espazos públicos creados, como a mellora da praza existente entre o número 23 da provincial e a Avenida de Madrid, onde Concello e Deputación decidiron habilitar un circuíto de crosstraining con espazos para a actividade física, equipos específicos e paneis que informan do seu axeitado uso.
Ademais, e noutra das prazas que comunica coa Avenida de Madrid, Emilia Pardo Bazán conta cunha placa-panel con referencias históricas á vida e obra da escritora que dá nome á estrada provincial.
Descargar todas as imaxes