Escoitar

O Concello reaxusta o tráfico na Gran Vía para retomar as obras das ramplas mecánicas

Abel Caballero confirmou este luns que haberá cambios de tráfico a partir de mañá na Avenida da Gran Vía para reiniciar os traballos de instalación das ramplas mecánicas. As labores trasládanse agora á outra beira da rúa e a circulación será compartida nos carrís descendentes.

luns, 13 xan 2020
1578922736130120Alcalderueda.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este luns que mañá porase en marcha de novo o plan de tráfico para retomar as obras da Avenida da Gran Vía. Segundo indicou o rexedor, a circulación quedará cortada nos carrís ascendentes, entre Urzaiz e Venezuela, e os vehículos compartirán os descendentes.

O alcalde explicou que o tráfico procedente da Praza de España circulará en sentido descendente en dous carrís desde a rúa Bolivia a Venezuela e nun só carril desde Venezuela a Brasil, pasando a dous carrís na última mazá para incorporarse a Urzaiz e Lepanto.

No referente ao sentido ascendente, tan só haberá un carril con acceso desde Urzaiz --o carril de baixada pegado ao bulevar-- ata Brasil e posteriormente os vehículos circularán polo carril central ata Venezuela, xa que o máis próximo ao bulevar estará ocupado pola obra desde Brasil a Venezuela. Desde ese tramo ata Bolivia o tráfico volverá a subir pegado ao bulevar ata incorporarse ao sentido normal de circulación ascendente.

Ademais, Caballero indicou que se permitirá o xiro a dereita de autobuses e taxis desde Gran Vía ascendente a Venezuela, en sentido Concello, e que a rúa Luís Braille permanecerá pechada ao tráfico con saída de residentes por Hernán Cortes e Doutor Carlos Laforet.
Descargar todas as imaxes