Un conto para nenos mostra a maxia do Nadal na cidade de Vigo
"O máxico Nadal de Roque e Cíes en Vigo" é o título dun conto para nenos que acaba de publicar a editorial Lobito Bueno co apoio do Concello e que se distribuirá polos colexios da cidade.
"O libro consegue cun texto ameno e de calidade e unhas ilustracións excelentes animar aos nenos para ler, gozar de Vigo, que en Nadal é unha verdadeira cidade de conto, e dar renda solta á súa imaxinación", asegurou o alcalde durante a presentación.
A autora, Amaia Mauleón, incidiu que esa proximidade dos escenarios nos que se desenvolve a historia é, precisamente, a clave para atraer aos máis pequenos. "Eu creo que unha boa maneira para motivar aos nenos para ler é facer máxicos espazos tan recoñecibles, familiares e queridos para eles como a súa propia cidade. E máis aínda se é nun momento tan fascinante como o Nadal. Isto dálles moito xogo para imaxinar as súas propias historias, nas que eles mesmos son os protagonistas".
O conto, explicou, é a continuación dun primeiro libro, "A aventura de Roque en Vigo, a cidade das cores", dos mesmos autores, no que se presentaba ao protagonista, Roque, un neno que viña dunha cidade na que todo era branco e chegaba a Vigo e quedaba impresionado polas súas cores, o azul do mar, o verde dos seus montes, as súas medianeiras repletas de debuxos… "Xunto a Roque, os nenos coñecían de forma sinxela e divertida retrincos da historia da cidade", apuntou Amaia.
Neste segundo título, Roque non está só senón que vén acompañado dunha nena chamada Cíes. "O libro é unha historia de fantasía pero aproveitamos para transmitir aos nenos valores como o respecto ao medio ambiente, o coidado dos maiores e a amizade", engadiu a autora.
Pola súa banda, o ilustrador Pablo Rosendo mostrouse "encantado e agradecido de ilustrar un libro centrado na miña propia cidade, á que adoro", e desexou que os nenos gocen da historia e das súas imaxes.
Descargar todas as imaxes