O Concello ensaia con éxito a utilización da PassVigo para o autobús turístico do Nadal
O Festival de Rock Concello de Vigo celebrado a pasada fin de semana serviu como banco de probas para testar o futuro funcionamento da PassVigo no autobús turístico de Nadal. O público contou cun autobús lanzadeira ata o centro, cuxo billete pode ser comprado con antelación, xunto coa entrada ao festival. Co código da PassVigo se bonifica o importe do bus. Este sistema xa se poderá usar no bus turístico no Nadal.
O Concello de Vigo ensaiou con éxito a pasada fin de semana no Festival de Rock celebrado no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) a utilización da tarxeta PassVigo, polo que aplicará o mesmo sistema nas viaxes do autobús turístico do Nadal.
Un total de 16 persoas compraron a entrada para o festival conxuntamente co billete de bus e cinco de elas utilizaron a lanzadeira de volta desde o IFEVI ata o centro, de forma que lles foi bonificada a viaxe introducindo o código da tarxeta PassVigo. Unha vez confirmado o bo funcionamento, o alcalde anunciou este martes que levarase a cabo o mesmo sistema co autobús turístico do Nadal.
"A experiencia funcionou moi ben, xa sabemos que funciona, polo que todos os buses turísticos van a funcionar con este modelo e os usuarios de PassVigo pagarán o equivalente a un bus urbano", sinalou. Abel Caballero engadiu que tamén quere aplicarse o uso da PassVigo a taxis, instalacións deportivas, ORA e outros servizos urbanos, polo que se está traballando nun programa informático para que sexa posible.