Escoitar

O alcalde visita a montaxe do mercado de Nadal que contará con neve desde o 24 de novembro

Con 58 postos de alimentación, artesanía e hostalería o mercadiño, que permanecerá na Alameda ata o apagado da iluminación navideña, é unha das novidades do Nadal da cidade e contará con 50 estruturas producindo neve.

martes, 22 out 2019
1571748890mercado2.jpg
Abel Caballero achegouse este martes ao inicio da montaxe do mercado de Nadal que abrirá as súas portas o domingo 24 de novembro na Alameda con 58 postos de artesanía, alimentación e marcas de hostalería e que será "un dos grandes atractivos do Nadal en Vigo con 58 estruturas botando neve", tal e como comprobou o rexedor durante a visita.

Segundo explicou, o mercado contará tamén con espazos para tomar as consumicións e terá un teito decorado sobre a estrutura de madeira que sinalizará con luces a ruta para chegar ás diferentes casetas. Amais instalaranse colectores de recollida selectiva de lixo mentres permaneza aberto, ata o 12 de xaneiro.

Amais deste mercado, unha das novidades do Nadal de Vigo deste ano, haberá outro mercado no Calvario e o tradicional da rúa Londres e mantéñense ofertas de ocio como a pista de xeo e a rampla de neve, que están pendentes de conseguir autorización.

O alcalde lembrou que o Nadal de Vigo contará tamén con grandes elementos como a noria na Alameda, unha grande bóla de Nadal, o boneco e a árbore xigante da Porta do Sol. Amais instalarase un poboado navideño na Praza da Constitución. No tocante á iluminación, Vigo terá dez millóns de luces LED que supoñen un importante aforro enerxético respecto a anos anteriores, 2.700 arcos de luz, 334 rúas iluminadas e 465 árbores de luz.
Descargar todas as imaxes