O alcalde anima a participar este domingo na Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple
A cita foi presentada este luns no Concello, coa participación de Nuria Martí e Alberto Campos pola organización. A sétima edición desta carreira solidaria partirá este domingo, 27 de outubro, ás 11h desde a alameda de Bouzas, en beneficio da Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (Avempo) e co obxectivo de acadar os 2.000 participantes.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este luns unha nova edición da Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple xunto aos organizadores Nuria Martí, socia de Avempo e afectada pola enfermidade, e Alberto Campos, fisioterapeuta da Asociación.
Bouzas será o punto de partida e final da sétima edición da Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple. Repetindo a fórmula do ano pasado, a alameda Suárez Llanos acollerá a saída das dúas carreiras -de cinco e dez quilómetros- e da andaina popular que programa Avempo. O percorrido é circular, desde a alameda pasando por Pescadores, Eduardo Cabello, Beiramar, Jacinto Benavente, Coruña e Tomás Alonso. Os que compitan na categoría dos dez quilómetros darán dúas voltas ao nomeado circuíto.
O obxectivo que se marca a organización é alcanzar este domingo os 2.000 participantes. O prazo de inscrición continúa aberto, a formalizar tanto na sede de Avempo (en Camilo Veiga 44) como online no portal de Laptime. Os primeiros 300 anotados nas carreiras recibirán unha camiseta técnica e os cen primeiros para a andaina, unha mochila ou bolsa de tela.
Tal e como contaron Martí e Campos na rolda de prensa, a cita solidaria do domingo é fundamental para o funcionamento de Avempo, polo que animaron á cidadanía a participar nesta xornada. Ademais, a organización habilita un "dorsal 0" para todos aqueles que, sen participar na proba, queiran colaborar coa causa.
A Esclerose Múltiple é unha enfermidade crónica, autoinmune e dexenerativa do sistema nervioso central que afecta ao cerebro e á medula espinal. É unha das enfermidades neurolóxicas máis comúns entre a poboación de 20 e 30 anos, con máis de 47.000 persoas afectadas en España.
Descargar todas as imaxes