O Goberno de Vigo aproba un orzamento para 2020 de 267,7 millóns
A Xunta de Goberno Local deu luz verde este xoves ao proxecto de orzamento do Concello para o ano próximo. Segundo informou o alcalde, a cifra global aumenta un 4,1% con respecto a este ano, o que tamén acontece con partidas específicas como a de Política Social (+9%), Educación (+6,4%), Emprego (+13,1%) ou Seguridade (+6,58%).<br />