O Pleno de Vigo aproba a modificación puntual do Plan Xeral para reordenar o Barrio do Cura
A modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana para a reordenación do ámbito do Barrio do Cura foi aprobada este martes na sesión extraordinaria do Pleno da Corporación Municipal. Tanto PSOE como PP votaron a favor, mentres que Marea posicionouse en contra e o BNG abstívose. Agora, o documento pasa a exposición pública durante dous meses.
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou este martes en sesión extraordinaria a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello para a reordenación do ámbito do Barrio do Cura. O único punto do día foi aprobado cos votos a favor do PSOE e o PP, mentres que os dous concelleiros de Marea de Vigo pronunciáronse en contra e o edil do BNG abstívose.
A partir de agora, a aprobación será publicada no Diario Oficial de Galicia e abrirase un período de exposición pública de dous meses para a presentación de alegacións, tempo durante o cal se solicitarán á Xunta os informes sectoriais preceptivos de Urbanismo, Patrimonio e Costas.
A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, destacou a apertura dunha gran praza pública no ámbito para que os cidadáns "desfruten da zona cun miradoiro ao Berbés e a Ría" e apuntou que más da metade da actuación está destinada a zonas verdes, prazas e viais. "A reforma do Barrio do Cura, da Panificadora e da Porta do Sol son as actuacións máis importantes que vai a vivir a cidade, e van a ser nos vindeiros catro anos", sinalou.
Xabier Pérez Igrexas, do BNG, puxo en dúbida a necesidade dunha modificación puntual do Plan Xeral e lamentaron que tan só sexan 36 as vivendas de protección pública a construír, mentres que Rubén Pérez, da Marea de Vigo, sinalou que non existe motivo para que sexa de interese público e mencionou que o principal razón é a existencia dunha inmobiliaria privada detrás da promoción.
O voceiro do PP, Alfonso Marnotes, argumentou o voto favorable do seu grupo municipal pero fixo mención á necesidade de que se leve a cabo unha humanización de toda a zona. "É unha oportunidade única, estamos a tempo de corrixir unha contradición e facer peonil o Paseo de Alfonso e Elduayen", indicou.
Por último, o concelleiro socialista Carlos López Font insistiu en que "é un gran día, un día extraordinario para a cidade, pero coma sempre, os de sempre non están de acordo". O edil do PSOE cualificou a actuación como "unha icona para a cidade, un cambio impresionante" e felicitou tanto ao alcalde como a concelleira e aos técnicos pola "xestión impecable" do Urbanismo.
O expediente aprobado, ademais de contemplar a notificación individual aos titulares catastrais dos terreos afectados, recolle que a razón principal do interese público desta actuación é a necesidade de facer fronte ao proceso de deterioro do Barrio do Cura. Caride lembrou que levouse a cabo máis do 60% das obras de demolición con total respecto á preservación dos valores patrimoniais. Do antigo asilo so queda a fachada da igrexa -elemento protexido– que non se vai desmontar senón que se adoptarán as medidas precisas para garantir a súa estabilidade durante as obras.
Integración harmónica
O PERI do Barrio do Cura foi deseñado por Alfonso Penela e aprobouse por unanimidade no Pleno en 2014 e, no ano 2018, a Xunta resolveu non someter a avaliación ambiental estratéxica ordinaria esta ordenación. Os principais obxectivos desta recuperación urbanística pasan, ademais de frear o proceso de deterioro do barrio, por conservar pezas de valor histórico e rematar partes inacabadas do tecido urbano creado nos anos 60, procurando unha integración harmónica coa estrutura da cidade histórica.
Resolverá a articulación e conexión do Casco Vello con Torrecedeira e tamén mellorará a comunicación e mobilidade transversal desta parte da cidade e, sobre todo, entre o eixo Paseo de Alfonso -Pi i Margall e as zonas máis baixas do contorno da actuación. Con este obxectivo está previsto, por unha banda, unha conexión peonil entre o Paseo de Alfonso XII e a zona de Ribera, así como entre Santa Marta e Poboadores, facilitando a mobilidad vertical e, por outra, a mellora da mobilidade rodada coa ampliación do viario de conexión entre o eixo Paseo de Alfonso XII -Pi i Margall e Torrecedeira (Llorente e Santa Marta).
O Barrio do Cura contará con case 4.000 m² de zonas verdes e a lo menos 168 árbores; máis de 2.500 m² de equipamento público sociosanitario-educativo; 5.500 m² de superficie en praza e espazo público e máis de mil prazas de aparcamento. O documento reserva un 30% de vivenda protexida -tal e como figuraba no PXOM de 2018, superando o mínimo legal, situado nun 10%.