Caixanova financia cun crédito os traballos do Plan Estratéxico de Vigo
Caixanova concedeulle á Fundación Provigo un crédito de 118 millóns de pesetas (709.194 euros) que servirá para financiar os traballos de elaboración do Plan Estratéxico de Vigo. O crédito ten un interese nominal do 5,75% e vencerá en maio de 2003.
Con este crédito poderán comezar os labores de redacción do Plan que vai dirixir o profesor Antonio Vázquez Barquero. A Fundación Provigo estudiará a posibilidade de solicitar fondos europeos para financiar unha parte dos traballos. O resto do diñeiro terano que aportar os socios da Fundación.
O pasado mes de abril o alcalde de Vigo, como presidente da Fundación, asinou un convenio coa Universidade de Vigo e coa Universidade Autónoma de Madrid para que esas institucións se encarguen da organización e dirección dos traballos de preparación do Plan Estratéxico e da elaboración dos documentos resultantes. A duración prevista para o desenvolvemento do Plan é de 15 meses.