Escoitar

O Circo da Cidade dos Muchachos visitará Vigo a vindeira semana

venres, 18 mai 2001
O Concello de Vigo colabora co espectáculo que van ofrecer os membros da Cidade dos Muchachos, do 25 ó 27 de maio en Samil, coa compra de 3.000 invitacións. ”O neno rei destronado” é o título deste acto-homenaxe ós nenos de El Salvador, que xa percorreu 80 países.

A concelleira Isaura Abelairas destacou o labor desenvolvido na Cidade dos Muchachos como un exemplo de convivencia e respecto mutuo.

O Padre Silva, pola súa parte, lembrou a primeira actuación que realizaron en Vigo en 1967 e amosou a súa satisfacción pola gran receptividade do Concello de Vigo.