O Concello organiza un acto institucional con motivo do Día das Letras Galegas
A Casa Galega da Cultura acolle, hoxe ás 20:00 horas, a celebración dun acto no que se dará lectura ó bando elaborado con motivo do Día das Letras Galegas. A autora do bando do Concello de Vigo no Día das Letras Galegas é Xela Arias Castaño (Lugo, 1962). Xela Arias é un novo valor da literatura galega que vive e traballa en Vigo dende hai unha morea de anos. Ten publicados varios libros de poemas: “Denuncia do equilibrio”, “Tigres coma cabalos”, “Darío a diario”… Tamén realiza traballos de traducción polos que obtivo premios como o Ramón Cabanillas ou o que outorga a Asociación da Lingua Portuguesa.