Escoitar

Acordo de colaboración entre a Concellería de Benestar Social e o hipermercado Alcampo para a inserción social

luns, 21 mai 2001
Benestar Social preseleccionará o volume de traballadores que Hipermercados Alcampo Vigo-1 demande dos colectivos que conforman o proxecto Rede, co compromiso de manter informada á empresa das posibilidades de subvención e, en función da necesidade de contratación e do cumprimiento dos requisitos esixidos, seleccionarase ata un máximo de 15 persoas que recibirán formación prelaboral.

A Concellería de Benestar Social e o centro de Vigo de Hipermercados Alcampo asinaron un acordo de colaboración para a realización de actividades conxuntas de inserción sociolaboral do proxecto Rede.

Benestar Social de Vigo ten, entre as súas prioridades, a implicación do tecido social da cidade nun achegamento ós colectivos en situación de desvantaxe social. Neste marco, promóvense proxectos de integración laboral, como últimas actuacións cara á inserción social de persoas coas que se desenvolveron actuacións previas por parte do departamento de Benestar Social dependente desta concellería.

O director do Centro Vigo-1 de Hipermercados Alcampo S.A., Juan Carlos Bouzón Loureiro, expresou a súa intencionalidade de participar activamente nestas iniciativas de inserción sociolaboral, dirixidas ós colectivos máis desfavorecidos, beneficiarios directos e indirectos da Renda de Integración e desempregados de longa duración, entre outros.

O acordo establece que Benestar Social preseleccionará o volume de traballadores que Hipermercados Alcampo Vigo-1 demande dos colectivos ós que van dirixidos estes proxectos, comprometéndose ademais a manter informada á empresa das posibilidades de subvención doutras instancias con relación a estes colectivos.

En función das posibilidades de contratación de Hipermercados Alcampo Vigo-1, do perfil dos preseleccionados e dos postos a cubrir e, en especial, do cumprimiento dos requisitos de contratación habitualmente esixidos, a empresa seleccionará ata un máximo de 15 persoas ás que impartirá formación prelaboral, poñéndoo en coñecemento da Concellería de Benestar Social.

Hipermercados Alcampo Vigo-1 encargarase de impartirlles a formación necesaria, para o posto que vaian ocupar, a aqueles beneficiarios que finalmente resulten elixidos de entre os seleccionados nun principio, cunha duración aproximada entre 60 e 80 horas.

Con posterioridade, e segundo os resultados do curso prelaboral, Hipermercados Alcampo Vigo-1 comprométese a realizar unha contratación do máximo posible de alumnos.

Hipermercados Alcampo Vigo-1 e cada interesado subscribirán un contrato de traballo dalgunha das modalidades contractuais vixentes en cada momento. As condicións laborais e salariais dos traballadores contratados serán idénticas ás do resto dos traballadores, rexíndose a tódolos efectos polo convenio colectivo vixente e demais normativa laboral.

Para o seguimento do acordo, así como para a determinación dos criterios non previstos no funcionamiento do mesmo, nomearase unha comisión de seguimento, composta por dous representantes por cada parte asinante, que serán Juan Carlos Bouzón Loureiro e José Manuel Magdaleno Hermelo, polo hipermercado, e Belén Sío Lourido e María Dolores González Alonso, técnica responsable del departamento de Benestar Social, polo Concello.

O convenio entrou en vigor no momento da súa sinatura, e estará vixente ata o remate das actuacións conxuntas de inserción sociolaboral.