O Concello promove investimentos por valor de 59,3 millóns de euros
En relación aos habitantes, é a maior cantidade das grandes urbes e capitais de provincia de España, indicou Abel Caballero, quen puxo en valor a solvencia financeira do Concello, con débeda cero desde 2011 e o período de pago a provedores máis breve das administracións do país, con 12 días de media en xullo.
Segundo detallou o alcalde, en agosto está prevista a finalización de obras por valor de 6,5 millóns de euros, mentres que en setembro concluirán outro bloque de investimentos que superan os nove millóns de euros. O goberno de Vigo conta con rematar en outubro actuacións por case que dez millóns de euros máis e en novembro, por máis de 3,5 millóns. Para decembro se estima a finalización da Vía Verde -cun investimento de 1,4 millóns- e en marzo ou abril, a renovación en marcha da Gran Vía, entre María Berdiales e Venezuela, por 5,2 millóns.
Abel Caballero avanzou ademais que o Concello que dirixe vai comezar actuacións por valor de 23,7 millóns de euros. Son a nova zona verde de Candeán, os campos de fútbol de Monte da Mina, Sárdoma e San Andrés, a mellora da rúa Cantabria, as humanizacións da Estrada do Porto (de 3,5 millóns) e da Ronda don Bosco, e o proxecto de peonalización da Porta do Sol, por 17 millóns de euros.
A velocidade e cantidade dos investimentos propios do Concello de Vigo, en relación coa poboación, non ten comparación con ningunha cidade de España, segundo asegurou o alcalde en rolda de prensa. Caballero puxo en valor a solvencia das contas do Concello de Vigo, sen débeda desde hai oito anos e co prazo máis breve do pago aos seus provedores, a cidade coas finanzas "máis sólidas" de España e capacidade para asumir en só un ano os 35,2 millóns do Auditorio Mar de Vigo.
12 días
Caballero ofreceu os datos de pago aos provedores do Concello no mes de xullo, que se situou no pasado mes nos doce días de media. Vigo volve situarse así á cabeza das cidades e capitais de provincia de España, que de media rexistran un prazo de 61 días para facer fronte ás facturas. No mes de xullo e no que vai de agosto, o Concello fixo fronte a pagos por máis de 19 millóns de euros, apuntou o alcalde. Un pago rápido alivia posibles tensións de tesourería ás empresas que traballan para a administración local.