Abel Caballero eloxia os "logros e obxectivos" de Susana Rodríguez Gacio, que inicia á preparación para Tokio 2020
A triatleta viguesa comezou a andadura gañando nas series mundiais en Montreal e aspira a chegar aos xogos paralímpicos "nas mellores condicións para pelexar por todo". Xunto a Rodríguez Gacio e aos responsables de Delikia, patrocinador da deportista, o alcalde indicou que en Vigo "estamos moi orgullosos de Susana", unha "referencia importante" tanto polos "logros" conseguidos como polas "aspiracións e obxectivos" que se propón.
Abel Caballero agradeceu tamén o apoio da empresa viguesa Delikia, representada este luns polos seus responsables de Calidade e Marketing, Marcos González e Yago Díaz, respectivamente.
Susana Rodríguez Gacio amosouse honrada de iniciar a preparación para Tokio "representando á cidade polo mundo", pois "o Concello é a nosa casa", a trasladou a súa "ilusión" cun camiño que arrancou con vitoria en Montreal, nas series mundiais. "Agardo poder chegar a Tokio nas mellores condicións para poder pelexar por todo", anotou a deportista, quen se marcou o tríatlon como obxectivo principal sen desbotar a súa participación tamén na carreira dos 1.500 metros, para o que xa obtivo a marca mínima.
Por parte da empresa Delikia, patrocinador da triatleta neste proceso, Marcos González deulle "a benvida á familia Delikia" e definiu a Rodríguez Gacio como "o claro exemplo de que todo se pode facer".
Descargar todas as imaxes