Escoitar

O Concello habilita lanzadeiras para asistir aos concertos de Castrelos

As entradas para a actuación de Tom Jones o vindeiro 23 de xullo tamén se esgotaron apenas unhas horas despois de saír este martes á venda. Os espectadores contarán con lanzadeiras especiais para poder asistir a todos os concertos que se celebrarán no Auditorio de Castrelos.

martes, 9 xul 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes de que con motivo da programación de Vigo en Festas 2019 e a celebración de concertos en Castrelos, o Concello de Vigo habilitará un servizo especial de transporte urbano con lanzadeiras.

O percorrido será desde a Avenida de Castrelos pasando por Praza de América, Camelias, Romil, Paseo de Alfonso, Policarpo Sanz, García Barbón, Isaac Peral, Travesía de Vigo e Gregorio Espino. Para poder acercarse ata o parque de Castrelos tamén poderán realizarse os desprazamentos cos servizos habituais das líñas L7, L8, L12B, L17, L27, H1, y H2.

Os concertos que disporán de servizo de lanzadeiras serán os de Ms Lauryn Hill, Leiva, Tom Jones, Fangoria, Rick Astley, Roger Hodgson, Thirty Seconds to Mars, Vetusta Morla e David Bisbal.

Ademais, o alcalde informou das medidas de seguridade que se tomarán para a celebración dos concertos con maior presenza de Protección Civil, un hospital de campaña e aparcadoiros para persoas con discapacidade na Avenida de Portanet e na Avenida de Balaídos.

As persoas con discapacidade que utilicen cadeira de rodas terán preferencia no parking situado detrás do escenario, mentres que os vehículos de Protección Civil e Cruz Roja aparcarán no parking fronte á entrada do Museo de Castrelos.

Tráfico
Caballero indicou tamén que estará prohibido aparcar en toda a avenida que cruza o parque de Castrelos (Paseo de Ángel Ilarri) e haberá en todo o recinto novos colectores de reciclaxe. Por último, á conclusión dos concertos quedará cortado o tráfico na Avenida de Castrelos (entre Portanet e Avenida Arquitecto Palacios) para facilitar a saída de espectadores.

Respecto á venta de entradas, este martes foron vendidas todas as cadeiras (máis de 2.000) para a actuación do artista Tom Jones, ao igual que ocorrera anteriormente con Lauryn Hill e Leiva.

Venta de entradas
Fangoria (mércores 24 de xullo). Entradas á venta desde o 10 de xullo (6 euros anticipada; 8 euros en billeteira).
Rick Astley (venres 26 de xullo). Entradas á venta desde o 11 de xullo (8 euros anticipada; 10 euros en billeteira).
Roger Hodgson (luns 29 de xullo). Entradas á venta desde o 12 de xullo (8 euros anticipada; 10 euros en billeteira).
Thirty Seconds to Mars (xoves 1 de agosto). Entradas á venta desde o 15 de xullo (8 euros anticipada; 10 euros en billeteira).
Furious Monkey House, Xoel López y Vetusta Morla (venres 2 de agosto). Entradas á venta desde o 16 de xullo (6 euros anticipada; 8 euros en billeteira).
David Bisbal (xoves 8 de agosto). Entradas á venta desde o 10 de xullo (6 euros anticipada; 8 euros en billeteira).

Ademais, as festas de Vigo teñen programados varios concertos de balde para o público como o da Coral Casablanca que se celebra en Castrelos o 27 de xullo. Os concertos infantís tamén son gratuítos coas seguintes datas: Queenmanía (3 agosto ás 20 horas), O Rei León (5 de agosto ás 20 horas), Shrek, o musical (6 agosto, 20 horas), Superwings (7 agosto, 20 horas) e Chumi-Chuma (30 de xullo, 20 horas).

No referente á forma de venda, as entradas poden adquirirse a través de www.ataquilla.com, mediante venda telefónica a través do número 902 504 500 e nun punto de venda físico, na rúa Policarpo Sanz, 26.