Escoitar

O Concello pon en funcionamento o primeiro punto limpo móbil da cidade

Desde o próximo mércores a zona do Mercado do Progreso será a primeira en dispoñer dun espazo habilitado para levar os residuos especiais, que non poden depositarse nos contedores habituais. <br />

venres, 15 feb 2019
Abel Caballero anunciou hoxe a posta en funcionamento do primeiro punto limpo móbil da cidade o próximo mércores, día 20 de febreiro, no Mercado do Progreso. Entre as 8:30 horas e ata as 14:30 horas estará dispoñible para todas as persoas que queiran depositar os utensilios inservibles.

O Concello habilitou un espazo, sinalado especificamente, para a recollida dos residuos que non poden levarse aos contedores habituais polo risco de contaminación, tales como pequenos electrodomésticos, bombillas, rodas ou baterías de uso doméstico… Nese punto limpo móbil haberá un camión no que se poderán depositar estes obxectos.

De forma progresiva, o Concello irá incorporando novos puntos limpos móbiles en diferentes puntos da cidade: Balaídos, Bouzas, Coia, Mercado de Cabral, Calvario… Namentres, o Concello mantén o servizo de recollida de grandes residuos especiais, mediante o cal, os cidadáns solicitan ao Concello a súa retirada cunha chamada telefónica.