Escoitar

O alcalde valora que Vigo se sitúe "na órbita da mobilidade sen contaminación"

Abel Caballero asistiu este venres á presentación dun innovador autobús eléctrico cuxo primeiro prototipo se probará a próxima semana no servizo de transporte urbano da cidade.

venres, 15 feb 2019
1550238436bus1.jpg
Durante o acto, o rexedor agradeceu a Avanza e a Alstom que decidiran traer a experiencia a Vigo para tomar nota do funcionamento do prototipo 100% eléctrico que "seguro será un éxito extraordinario", apuntou, trasladando a miles de usuarios do transporte urbano da cidade, polo que saudou "con entusiasmo e agrado" esta decisión.

Para o alcalde, esta experiencia sitúa a Vigo "nunha órbita distinta; a da mobilidade sen contaminación, sen emisión de gases efecto invernadoiro, sen contaminación acústica", unha política, dixo, na que a cidade está desde hai tempo coa instalación, por exemplo, de escaleiras mecánicas e ascensores "con nivel de contaminación cero" e sendo o seu coche oficial, desde hai 8 anos, un pequeno eléctrico.

Este primeiro prototipo será probado por Vitrasa na liña circular C1 entre Praza de América e Policarpo Sanz os días 19, 20 e 21 de febreiro e as viaxes será de balde para a pasaxe.
1550238436bus1.jpg
1550238447bus2.jpg
Descargar todas as imaxes