"Moito por dicir", obradoiro para elaborar textos informativos
O Concello ofrece unha nova actividade formativa para aprender a elaborar textos de carácter informativo (notas de prensa, artigos, reportaxes e artigos de opinión), para comunicar de xeito máis efectivo. Do 13 de novembro ao 4 de decembro, martes e xoves de 18.30 a 20.30 horas, na aula de informática da antiga reitoría.
O obradoiro está destinado a persoas adultas, especialmente a aquelas que forman parte de asociacións veciñais, entidades deportivas e culturais, ANPAS e calquera entidade que desenvolva tarefas de comunicación. Estrutúrase en 8 sesións de 2 horas cada unha (16 h en total), que se celebrarán os martes e xoves, de 18.30 a 20.30 h, na aula de informática do edificio Carreras (antiga reitoría).
A metodoloxía será eminentemente práctica para facilitar ás persoas participantes a posibilidade de elaborar os seus propios textos.
A inscrición é de balde e cómpre formalizala no Servizo de Normalización Lingüística (andar 1º da Casa do Concello), ou a través do correo electrónico snl.actividades@vigo.org.
Descargar todas as imaxes