Caballero anuncia o Memorial Belarmino Alonso como "un evento excepcional que abre a tempada" de cros
O Memorial Belarmino Alonso de cros disputarase o derradeiro domingo de novembro (día 25, 10:30 horas) en Molinos (Comesaña) co patrocinio do Concello de Vigo e a organización do Comesaña Sporting Club.
Así o anunciou o alcalde na presentación dun evento que cada corenta anos de idade e para 0 que a rolda de prensa reuniu ao presidente do club, Belarmino Alonso, directivos, adestradores e colaboradores da entidade (Serafín Costas, Joaquín Pérez, Hipólito Sousa e Jesús Sánchez) ademais de atletas (Soledad Castro, Sandra Mosquera y Patricia Feijoo), acompañados tamén polo edil de Deportes, Manel Fernández.
Caballero felicitou ao Comesaña polo seu traballo organizativo e explicou que co Belarmino "abrimos a tempada de campo a través en Galicia", pedindo á ciudadanía que se achegue. "Que saiban que é unha gran proba de atletismo, un evento excepcional nun lugar sui géneris onde parece que o atletismo ten vida propia", manifestou o rexedor.
Joaquín Pérez, coordinador da proba, indicou que "é un evento moi significativo para o atletismo galego. Co Belarmino queremos honrar ao atletismo federado e facer fincapé en que o cros é unha modalidade do atletismo, a primeira que se practicou, onde a humildade e o esforzo, a valentía e a perseveranza son esenciais".
O memorial comezou a disputarse en 1978 (en 1983 non se celebrou) e Pérez puxo de manifesto que a intención é "honrar a memoria de quen foi gran directivo do club, malia que a Federación nos puxo as súas pegas". Pero para o Comesaña, a filosofía da carreira é intocable: "Queremos mantela exclusivamente para atletas federados".
O alcalde e o concelleiro de Deportes amosaron as camisetas coas que foron obsequiados e no peche do acto se deu por feito que o Belarmino 2018 será "un gran espectáculo".
Descargar todas as imaxes