O goberno de Vigo ofrece colaboración ao Consorcio para expropiar inmobles en ruínas no Casco Vello
O alcalde apuntou este venres que o Consorcio do Casco Vello non presentou petición formal de convenio co Concello para expropiar fincas no Casco Vello. "O día que o presente estaremos encantados de asinalo e ir á expropiación", anotou Abel Caballero.
O rexedor vigués amosouse disposto a acudir á vía da expropiación para conseguir propiedades que rehabilitar na zona histórica viguesa e recordou que o Concello prevé incorporar inmobles do Casco Vello ao Rexistro municipal de Soares para poder así sacalos ao mercado e recuperalos. "Xa estamos na solución", manifestou Abel Caballero.