O Concello subvenciona con 250.000 euros o acceso gratuíto de 13 entidades ás instalacións deportivas municipais
Trece entidades sociais, educativas e deportivas accederán de xeito gratuíto ás instalacións deportivas municipais o que supón para o Concello un desembolso de case 250.000 euros. Así o acordou esta mañá a Xunta de Goberno, nunha sesión na que tamén se deu conta da sinatura de 67 acordos de colaboración con outros tantos centros educativos para outorgar as bolsas de comedor.
O alcalde deu conta esta mañá da aprobación de trece convenios de colaboración con outras tantas entidades sociais, educativas e deportivas para a utilización gratuíta de instalacións deportivas municipais na tempada 18-19. O importe da subvención é de 242.668 para e os colectivos beneficiados son os seguintes: Fundación Igualarte, Agrupación Deportiva Vigo, IES Santa Irene, IES de Teis, IES A Guía, CEIP Altamar, Federación Galega de Tenis, Federación Galega de Taekwoondo, Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada; Centro de Educación Especial Menela, Asociación San Francisco, Asociación Síndrome de Down e, por último, a Agrupación Deportiva Tamiar-APAMP.
Na Xunta de Goberno tamén se deu conta da sinatura de 67 convenios de colaboración con todos os centros educativos de infantil, primaria e secundaria para a xestión das bolsas de comedor. Este acordo subscríbese cada catro anos para facilitar a xestión das aproximadamente 5.000 achegas de comedor que cada ano outorga o Concello. O importe desta partida é de 1,8 millóns, unha competencia autonómica que asume o Concello para paliar a ausencia da Xunta, que non asume a súa responsabilidade na cidade.
Muralla do Castro
Outro dos asuntos que se abordaron na Xunta de Goberno foi a aprobación do convenio de colaboración co Ministerio de Fomento para a recuperación e posta en valor da Muralla de O Castro. Tal e como explicou o rexedor, o acordo suporá a recuperación das zonas deterioradas dos recintos defensivos, a mellora da accesibilidade ao tempo que se impulsará a integración da fortificación na paisaxe urbana, actuando sobre a masa vexetal existente e a iluminación do conxunto.
Por último, o rexedor tamén avanzou a adxudicación do contrato da xestión e dinamización da Casa das Mulleres de Vigo, cun orzamento de 32.548 euros.