Escoitar

Concello e Velgasa Eroski colaboran de novo na organización de oito rutas do Camiño a Camiño

O Camiiño a Camiño comeza o próximo domingo 7 de outubro coa primeira das oito rutas programadas para os dous próximos meses. Unha vez máis, o Concello conta coa colaboración do grupo Vegalsa Eroski que achega 18.000 euros a esta iniciativa municipal que xa reúne a máis de 20.000 participantes.

venres, 28 set 2018
1538139536eroski.JPG
O alcalde e o director xeral de Vegalsa Eroski, Joaquín González, renovaron, por sexto ano consecutivo, un acordo de colaboración enmarcado no programa municipal Camiño a Camiño. Cun importe de 18.000 euros, a compañía de distribución alimenticia financiará oito rutas por Vigo e a súa comarca ao longo dos meses de outubro e novembro. Caballero agradeceu a cooperación de Velgalsa Eroski porque "supón a implicación da empresa privada no desenvolvemento da cidade".

A novidade do Camiño a Camiño deste ano, destacou o rexedor na posterior rolda de prensa, é a ausencia de bolsas de plástico, unha decisión tomada coa complicidade dos participantes, que se comprometen a non usalas. As citas en outubro están programadas para os días 7, 14, 21 e 28, mentres que en novembro, serán os días 4, 11, 18 e 25.

Caballero lembrou que o Camiño a camiño conta con máis de 10.000 socios e máis de 20.000 participantes. Unha cifra á que hai que engadir o propio voluntariado municipal medioambiental que ascende a un promedio de 450 persoas ao ano e o número total é de case 1.500.
Descargar todas as imaxes