O Concello de Vigo manterá o uso social no edificio de Teis que solicita á Tesourería da Seguridade Social
O alcalde anunciou este venres que o secretario de Estado reafirmou a negativa do Goberno a ceder o inmoble para crear unha Biblioteca Municipal. "Temos un plan B e o vamos a levar adiante", asegurou Caballero.
O Concello de Vigo manterá o uso sanitario no edificio propiedade da Tesourería da Seguridade Social que solicitou en retiradas ocasións ao Goberno central para crear unha Biblioteca Municipal para o barrio. Así o avanzou este venres o alcalde, Abel Caballero, tras explicar que o secretario de Estado respondera de novo negativamente á petición.
"Chegou unha carta argumentando que non queren cedelo, senón que queren vendelo e cobralo, a pesar de que admite que a poxa do inmoble fracasou e que polo tanto non hai interese de ninguén para compralo", sinalou o rexedor. A cualificación urbanística do inmoble é de uso dotacional sanitario e Caballero insistiu en que esta denominación non cambiará e seguirá tendo finalidade social.
O alcalde lamentou que o Goberno non queira cooperar con Vigo e con Teis para crear unha biblioteca para o barrio cando si admitiron esa posibilidade noutros casos. "Non entendemos porque á Xunta si lle cederon gratuitamente o Hospital Xeral para construír a Cidade da Xustiza e agora ao Concello non lle ceden un edificio menor, son varas de medir distintas", explicou.
En calquera caso, Caballero lanzou unha mensaxe de optimismo aos veciños de Teis e afirmou que existe "un plan B" para facer a biblioteca. "Vai saír adiante, a xente debe saber que aquí non paramos nunca de resolver os problemas e esta vez os causa o Goberno de España do Partido Popular", concluíu.